Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Expresión escrita

Definición:

O ensino da expresión escrita nunha segunda lingua ten como principal obxectivo o adestramento do alumno nas destrezas necesarias para que sexa capaz de producir distintos tipos de textos escritos comparables aos propios dunha persoa culta que escribe na súa lingua materna.

O desenvolvemento dunha boa expresión escrita require habilidades distintas das necesarias para a expresión oral. A linguaxe utilizada na expresión escrita é normalmente máis formal e apenas se utilizan as frases curtas e incompletas tan frecuentes na produción oral. No medio escrito, o escritor ten máis tempo para pensar o que vai escribir e pode facer varios borradores antes de chegar á súa versión final se así o desexa. O discurso oral ten un destinatario inmediato que adoita estar presente; coa expresión escrita o escritor adoita ter o seu destinatario en mente.

Pódese ensinar a escritura como medio para lograr un fin, é dicir, para practicar outros aspectos da lingua como, por exemplo, facer unha listaxe de vocabulario novo, deseñar unha sopa de letras ou crucigrama para consolidar a aprendizaxe de vocabulario, copiar unhas regras gramaticais ou contestar preguntas dunha lectura comprensiva ou comprensión oral.

Tamén se poden realizar actividades nas que o obxectivo principal é a expresión escrita en si mesma. A un nivel “micro” pódense practicar formas escritas específicas no ámbito da palabra ou a frase, como a ortografía ou a puntuación; a un nivel “macro” é posible concentrarse no contido do texto e a organización do mesmo. Neste tipo de actividades, os estudantes exprésanse nas súas propias palabras e a miúdo teñen en mente un lector específico. Posibles exercicios deste tipo serían unha carta de solicitude de emprego, unha narración baseada nunha foto ou debuxo, unha descrición do que se ve desde a fiestra, un resumo ou un comentario sobre un libro, etc.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bueno González, A. 1996a. "Writing", iMcLaren, N. & Madrid, D. (eds.). A Handbook for TEFL. Alcoy: Marfilpp. 285-312.

Byrne, D. 1988. Teaching Writing Skills. Harlow: Longman.

Eres Fernández, I. G. M. & Rádis Baptista, L. M. T. 2010. La enseñanza de lenguas extranjeras y la evaluación. Madrid: Arco Libros.

Hedge, T. 1988. Writing. Oxford: Oxford University Press.

Manchón Ruiz, R. M. 1999. “La investigación de la escritura como proceso. Algunas implicaciones para la enseñanza de la composición en una lengua extranjera”, en Salaberri Ramiro, S. (ed.). Lingüística aplicada a la enseñanza de lenguas extranjeras, Almería: Universidad de Almería, pp. 439-81

Nation, I. S. P. 2009. Teaching ESL/EFL Reading and Writing. ESL and Applied Linguistics Professional Series. New York; London: Routledge.

Raimes, A. 1983. Techniques in Teaching Writing. Oxford: Oxford University Press.

White, R. & Arndt, V. 1991. Process Writing. London: Longman.

White, R. 1987. Writing. Advanced. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Expresión escrita
Inglés: 
Writing
Francés: 
Expression écrite
Alemán: 
Schriftlicher Ausdruck
Italiano: 
Espressione scritta
Polaco: 
Pisanie
Portugués: 
Expressão escrita
Ruso: 
Письмо
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/expresion-escrita, con data de acceso 20/04/2024).