Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Composición

Definición:

Tamén redacción.

A composición é unha subdestreza da expresión escrita que se desenvolve xunto coa expresión oral, a comprensión oral e a lectura. Pódese falar de tres tipos principais de actividades cando se ensina a composición escrita:

  1. Composición libre. O discente ten a liberdade de escribir o que quere, aínda que probablemente o docente deulle un tema específico para desenvolver ou preguntas para contestar. Exemplos deste tipo son os seguintes: unha recensión dun libro, unha narración, unha historia persoal, a descrición dunha paisaxe, dunha persoa, do colexio ou da universidade ideal, etc. Esta forma de escribir pode ser motivadora e interesante, pero o estudante que non goza de gran experiencia na escritura e cun nivel elemental adoita cometer moitos erros. A composición libre adoita considerarse máis apropiada unha vez que o discente adquiriu o dominio da lingua e a capacidade de organización dun escrito necesarios para abordar unha tarefa na que se lle propón escribir sobre un tema da súa elección nun tempo e nun espazo establecidos. Á hora da corrección, é conveniente non desanimar ao discente sen chamarlle a atención por todos e cada un dos erros cometidos.
  2. Composición controladaA composición controlada (e a composición guiada), cuxos orixes remiten á lingüística estrutural dominante no ensino de linguas nos anos sesenta do século pasado, segue gozando de certa vixencia na actualidade  como método adecuado para o ensino da redacción escrita nas primeiras fases da formación, nas que achega, entre outras, a vantaxe de poder practicar de maneira específica, graduada e sistemática as estruturas lingüísticas que paulatinamente se van introducindo na aula, á vez que se comeza a familiarizar ao discente coas convencións máis mecánicas da lingua escrita, tales como a puntuación, a ortografía, o indentado, o uso de conectores textuais, etc.
  3. Composición guiada. Con respecto á composición controlada, a composición guiada supoñería unha práctica menos ríxida e conducente a unha escritura lixeiramente máis creativa, na que o alumno recibe, por exemplo, un modelo ou un plan que debe seguir na súa redacción, ou un texto parcialmente escrito que debe completar.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Hedge, T. 1988. Writing. Oxford: Oxford University Press.

Hyland, K. 2003. Second Language Writing. Cambridge: Cambridge University Press.

White, R. 1987. Writing. Advanced. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Composición
Inglés: 
Composition
Francés: 
Composition
Alemán: 
Schreiben
Italiano: 
Composizione
Polaco: 
Pisanie
Portugués: 
Composição
Ruso: 
Сочинение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/composicion, con data de acceso 25/04/2024).