Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Composición controlada

Definición:

Tamén redacción controlada.

En contraste coa composición libre, a composición controlada consiste en realizar diversas actividades de expresión escrita controladas polo docente ou polos propios materiais utilizados co propósito de concentrarse en certos aspectos da escritura. A modo de exemplos podemos mencionar as seguintes:

  1. Baleiros de información escrita. O docente escribe no encerado o comezo e o final dunha frase; logo dita o que vén na metade. O alumno escribe o que escoita e corríxese posteriormente.
  2. Ordenar as palabras para construír unha frase correcta. Un exemplo do inglés sería: I / morning / coffee / every / breakfast / for / have / my. A frase correcta sería I have coffee for my breakfast every morning (“Almorzo café todos os días”).
  3. Exercicios de substitución. Logo de ler unha oración como Gustaríame visitar México e Australia, o alumno ten que escribir sobre o lugar onde lle gustaría viaxar.
  4. Corrixir información concreta. Os discentes teñen un texto que describe un cadro ou unha foto que teñen diante. Len o texto e corrixen o que non é verdade.
  5. Usar un texto do libro que se está utilizando en clase ou dunha fonte real como modelo para a confección dunha pasaxe similar.

Se se escribe no computador pódense introducir modificacións a través dunha das seguintes operacións:

  1. eliminar a puntuación e as letras maiúsculas para que o alumno as vaia introducindo;
  2. modificar a orde dos parágrafos para explicar cómo a organización interna do texto contribúe á súa coherencia;
  3. omitir os adxectivos e pedir ao alumno que introduza os que considere oportuno para, a continuación, contrastar co texto orixinal comparando os adxectivos escolleitos; e, para rematar,
  4. cambiar todos os tempos verbais por infinitivos, e pedir que os discentes escriban o tempo verbal correcto do verbo correspondente.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Hedge, T. 1988. Writing. Oxford: Oxford University Press.

White, R. 1987. Writing. Advanced. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Composición controlada
Inglés: 
Controlled composition
Francés: 
Composition contrôlée
Alemán: 
Vorgabengesteuertes Schreiben
Italiano: 
Composizione controllata
Polaco: 
Pisanie kontrolowane
Portugués: 
Composição controlada
Ruso: 
Контролируемое сочинение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/composicion-controlada, con data de acceso 15/09/2024).