Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Coherencia

Definición:

Unha das propiedades que debe posuír un texto para ser considerado como tal. Dise que un texto posúe coherencia cando as proposicións das que se compón están relacionadas e o destinatario é capaz de percibir esta relación en virtude do seu propio coñecemento do mundo, aínda cando non aparece sinalada explicitamente pola presenza de certos elementos lingüísticos. Así, por exemplo, a seguinte secuencia de dúas oracións Hoxe non podo ir ao banco. Non saio ata as tres constitúe un texto coherente, pois pode establecerse un vínculo entre ambas as oracións a partir do feito, presumiblemente coñecido polo oínte, de que no noso entorno os bancos deixan normalmente de atender ao público a partir das dúas ou as dúas e media da tarde.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, G. & Yule, G. 1983. Discourse Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Coulthard, M. 1985. An Introduction to Discourse Analysis. London: Longman.

Renkema, J. 1993. Discourse Studies. An Introductory Textbook. Amsterdam: John Benjamins.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Coherencia
Inglés: 
Coherence
Francés: 
Cohérence
Alemán: 
Kohärenz
Italiano: 
Coerenza
Polaco: 
Spójność
Portugués: 
Coerência
Ruso: 
Когерентность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/coherencia, con data de acceso 25/04/2024).