Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.
Tamén chamados KR20 e KR21 (Fórmula 20 e Fórmula 21 de Kuder-Richardson, respectivamente).
Trátase de dúas fórmulas empregadas para establecer a fiabilidade dun exame a partir das características estatísticas das preguntas do mesmo, concretamente as súas medias e as súas varianzas. A media dunha pregunta dicotómica (isto é, aquela que se puntúa como correcta ou incorrecta) é a proporción de individuos que a responden correctamente (p); a súa varianza é o produto de p e q (sendo q o número de individuos que responden incorrectamente). A Fórmula KR20 utiliza información acerca da dificultade de cada pregunta, xa que se basea no número de preguntas do exame, a suma das súas varianzas e a varianza total do exame. A Fórmula KR21 é máis sinxela, posto que require menos información e asume que as preguntas posúen o mesmo grao de dificultade (aínda que, por outra banda, tamén proporciona un coeficiente de fiabilidade máis baixo que a Fórmula KR20). Áchase a partir do número de preguntas do exame, a puntuación media obtida no mesmo e a desviación estándar.
Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.