Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
En análise de regresión, medida da variabilidade correspondente á variable dependente que é directamente explicada a través da súa relación coas variables independentes. No caso da recta de regresión, calcúlase elevando ao cadrado o coeficiente de correlación; por exemplo, se o coeficiente de correlación é 0.70, o coeficiente de determinación indicará que a variable independente é responsable do 49% da variabilidade da variable dependente (é dicir, 0.70 ao cadrado expresado en porcentaxe). A parte ou proporción da variabilidade que non comparten (neste caso, o restante 51%) é o chamado coeficiente de alienación. O coeficiente de determinación denomínase múltiple cando implica a máis de dúas variables.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.