Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Porcentaxe

Definición:

Dato estatístico que se obtén a partir dos valores dunha distribución, xunto con outras medidas como as da tendencia central e a dispersión. Por exemplo, se nun grupo de 300 estudantes, 126 aproban un exame, a porcentaxe de aprobados será do 42%, o cal quere dicir que aprobaron 42 estudantes de cada 100. As porcentaxes calcúlanse mediante unha regra de tres na que se multiplica por 100 o valor obtido e divídese entre o número de entidades da mostra, neste caso: (126 x 100) : 300 = 42%.

Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Nortes Checa, A. 1991. Estadística teórica y aplicada. Barcelona: DM/PPU.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Porcentaje
Inglés: 
Percentage
Francés: 
Pourcentage
Alemán: 
Prozentsatz
Italiano: 
Percentuale
Polaco: 
Procentaż
Portugués: 
Percentagem
Ruso: 
Процент
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/porcentaxe, con data de acceso 07/12/2024).