Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Dispersión

Definición:

Tamén chamada variabilidade.

En estudos estatísticos adóitase falar de dúas características importantes da distribución dun conxunto de datos: a tendencia central e a dispersión. Se a tendencia central fai referencia ao comportamento típico de, por exemplo, un grupo obxecto de estudo, a dispersión é a forma en que os individuos varían con respecto a ese comportamento típico. Noutras palabras, a dispersión proporciona información sobre os valores individuais e sobre como estes se estenden arredor da tendencia central. Por exemplo, se as cualificacións obtidas polos alumnos nun exame conforman unha ampla gama desde as máis altas ás máis baixas, poderá dicirse que esas puntuacións posúen unha gran dispersión. Os indicadores máis frecuentes da dispersión dun conxunto de datos, puntuacións ou individuos son a desviación típica, o percorrido e a varianza.

Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Lowie, W. & Seton, B. 2013. Essential Statistics for Applied Linguistics. London: Palgrave.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Dispersión
Inglés: 
Dispersion
Francés: 
Dispersion
Alemán: 
Streuung
Italiano: 
Dispersione
Polaco: 
Dyspersja
Portugués: 
Dispersão
Ruso: 
Дисперсия
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/dispersion, con data de acceso 03/12/2024).