Cruz Ramírez, M. 2012. Elementos de estadística descriptiva: Una introducción para investigadores de la educación. Madrid: Editorial Académica Española.
Tamén chamada desviación estándar.
En estatística, é un dos indicadores da dispersión dun conxunto de valores ou puntuacións. Expresa a diferenza que existe por termo medio entre todas as puntuacións con respecto á media, e obtense ao extraer a raíz cadrada da varianza. Serve, xa que logo, para cuantificar a homoxeneidade nun grupo e, en consecuencia, tamén é útil á hora de comparar o comportamento de grupos diferentes. Se se divide a distribución en intervalos regulares ao redor da media en función da desviación típica, entón pódese medir a distancia entre un valor e a media en unidades de desviación típica. Por exemplo, se a media dunha distribución é 30 e a súa DT é 10, unha puntuación de 40 atoparase unha unidade de DT por encima da media (+1DT), e unha puntuación de 10 estará dúas unidades por baixo (-2DT).
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Etcheverría Murgiondo, J. & Tejedor Tejedor, F. J. 2005. Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.
Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.