Cruz Ramírez, M. 2012. Elementos de estadística descriptiva: Una introducción para investigadores de la educación. Madrid: Editorial Académica Española.
En estatística, medida da dispersión dun conxunto de observacións. Consiste en achar a media dos valores absolutos (isto é, sen ter en conta se son positivos ou negativos) das desviacións dunha serie de observacións con respecto á súa media ou á súa mediana. Por exemplo, se consideramos as cualificacións 4, 5, 7 e 8, a súa media é 6, e as desviacións de cada cualificación con respecto á media son, en valores absolutos, 2, 1, 1 e 2; entón a desviación media desas cualificacións con respecto á media será a suma das súas desviacións (6) entre o número de cualificacións (4), é dicir, 1,5. Esta medida utilízase sobre todo con fins descritivos, xa que non é tan sensible a grandes desviacións como o son outras medidas de dispersión, por exemplo, a desviación típica ou o percorrido.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Etcheverría Murgiondo, J. & Tejedor Tejedor, F. J. 2005. Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.