Jiménez Catalán, R. M. (ed.). 2014. Lexical Availability in English and Spanish as a Second Language. Dordrecht: Springer.
Termo que fai referencia ao grao de familiaridade do individuo co vocabulario dunha lingua. Así, por exemplo, se se pide aos estudantes que pensen nas palabras que se poderían empregar para falar dalgún tema, algunhas destas ocorreránselles de forma inmediata. Os termos que lembran primeiro e con máis facilidade coñécense como palabras de dispoñibilidade elevada. Así, por exemplo, se se instase a un grupo de alumnos a que pensasen nunha lista de palabras que tivesen que ver cos obxectos que se utilizan na clase, estes probablemente incluirían vocábulos como: lapis, borrador, bolígrafo, regra, caderno e afialapis. A pesar de todo, é preciso sinalar que as de maior dispoñibilidade non sempre son as palabras máis utilizadas nunha lingua.
Nation, I.S.P. 2013. Learning Vocabulary in Another Language. Cambridge: Cambridge University Press. 2nd edition.