Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Vocabulario

Definición:

Conxunto de lexemas que compoñen unha lingua. Dentro do vocabulario dunha lingua adóitanse distinguir dous grupos de elementos ben diferenciados: os elementos léxicos e os funcionais ou gramaticais. Os primeiros son aquelas palabras pertencentes a unha categoría ou clase aberta (como os substantivos, os adxectivos, os adverbios e a meirande parte dos verbos), portadoras de carga semántica ou significado intrínseco; pola contra, os elementos funcionais ou gramaticais pertencen a clases de palabras pechadas (preposicións, artigos, conxuncións, verbos auxiliares, etc.) e posúen significado gramatical ou relacional (dentro dun contexto), en función da súa utilidade para establecer relacións entre os elementos de significado léxico.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

McCarthy, M. 1990. Vocabulary. Oxford: Oxford University Press.

Meara, P. 1983. Vocabulary in a Second Language. London: Centre for Information on Language Teaching and Research.

Schmitt, N. & McCarthy, M. (eds.) 1997. Vocabulary: Description, Acquisition and Pedagogy. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Vocabulario
Inglés: 
Vocabulary
Francés: 
Vocabulaire
Alemán: 
Vokabular/ Wortschatz
Italiano: 
Vocabolario
Portugués: 
Vocabulário
Ruso: 
Словарь / лексика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/vocabulario, con data de acceso 10/12/2024).