Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Videoxogos

Definición:

Programas de software nos que un ou varios xogadores interactúan cunha contorna virtual que visualizan nunha pantalla mediante o uso de dispositivos de entrada como teclados e mandos. Teñen como finalidade fundamental o entretemento, pero nas últimas décadas o seu uso con fins pedagóxicos, para terapias ou como medios de simulación cobrou un grande auxe. Os videoxogos caracterízanse pola súa natureza interactiva, as súas regras, obxectivos e, a miúdo, a posibilidade de que o xogador controle unha personaxe ou un elemento, e teña a capacidade de autodeterminación dentro do mundo virtual. Os videoxogos diferéncianse dos xogos serios en que estes últimos buscan unha aplicación práctica e unha aprendizaxe ou resultado tanxible fóra do propio xogo, mentres que os videoxogos tradicionais buscan principalmente a experiencia do xogo en si mesma. Así pois, os xogos serios poden considerarse un tipo específico de videoxogo.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Cachay-Gutierrez, A. & Cabanillas-Carbonell, M. 2024. "Educational video games to improve the learning process". International Journal of Evaluation and Research in Education (IJERE) 13/3: 1917.

Jiménez López, M., Fernández Navas, M. & Postigo Fuentes, A. Y. (eds.) 2024. Special issue on “Gamification, videogames and eSports". Revista de Educación 405.

Mejía, J. P. G. & de la Herrán Gascón, A. 2024. "El potencial educativo de los videojuegos: Su evaluación a través de una rúbrica". Comunicar: Revista Científica de Comunicación y Educación 79: 59-71.

Teixeira, M. C., Mendes, G. A., García-Fernández, J. & Sesinando, A. D. 2025. "Gaming habits in esports: An exploratory approach among university student gamers in Europe". Behavioral Sciences 15/5: 620.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Videojuegos
Inglés: 
Videogames
Francés: 
Jeux vidéo
Alemán: 
Videospiele
Italiano: 
Videogiochi
Portugués: 
Videojogos
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/videoxogos, con data de acceso 15/12/2025).