Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Xerga gamer

Definición:

Consiste nun conxunto de frases idiomáticas, termos, abreviaturas, acrónimos, entre outros, que utilizan os xogadores de videoxogos como código comunicativo para lograr interaccións rápidas e eficientes. Estas inclúen anglicismos adaptados ao español, termos específicos do xénero do xogo, e acrónimos provenientes da comunicación en liña como os chats. Ademais da eficiencia comunicativa, esta xerga cumpre unha función identitaria de comprensión mutua durante as partidas, en dinámicas sociais e dentro desta subcultura en xeral. É un código comunicativo moi dinámico que incorpora diferentes cambios en períodos de tempo relativamente curtos. Este termo descritivo foi incorporado polos lingüistas, sociólogos e os medios de comunicación para referirse a este dialecto particular.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Ensslin, A. 2017. The language of gaming. London: Bloomsbury Publishing.

Furianto, F. & Simanjuntak, R. R. 2023. "Gaming language as a language variation in Digital Humanities". E3S Web of Conferences 388: 04010. EDP Sciences.

Hsu, C. 2020. Gaming Language and How It Is Characterized. Lund: Lund University.

Magria, V., Asridayani, A. & Sari, R. W. 2021. "Word formation process of slang word used by gamers in the game online "Mobile Legend"". Jurnal Ilmiah Langue and Parole 5/1: 38-53.

Shcherbina, V. E., Pasechnaya, L. A., Simutova, O. P., Verzhinskaya, I. V. & Belova, N. A. 2022. "The lexicon of the gaming community members as a youth slang component", en Bataev Dena., S. A. Gapurov, Osmaev, A. D., Akaev, V. K.,  Idigova, L. M., Ovhadov, M. R., Salgiriev, A. R. & Betilmerzaeva, M. M. (eds.). Social and Cultural Transformations in the Context of Modern Globalism. European Proceedings of Social and Behavioural Sciences 128: 678-686. European Publishers.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Jerga gamer
Inglés: 
Gamer slang
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/xerga-gamer, con data de acceso 15/12/2025).