Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Portafolios

Definición:

Ferramenta ou técnica de aprendizaxe que consiste na recompilación por parte do estudante dunha mostra do que considera os seus mellores traballos e das súas experiencias de aprendizaxe máis significativas durante un período determinado, por exemplo, un trimestre, un curso, etc. Esta selección de materiais e experiencias constitúe unha proba dos seus logros e dos seus esforzos, e serve de base para as súas reflexións e a súa autoavaliación, que son tamén compoñentes esenciais do portafolios. Por medio deste instrumento, polo tanto, os estudantes adquiren maior responsabilidade, establecen obxectivos e interiorizan criterios de calidade, desempeñando, en definitiva, un papel máis activo na súa propia aprendizaxe. Desde o punto de vista do profesor, o portafolios permite un seguimento máis estreito do progreso do estudante e proporciona os elementos necesarios para unha avaliación equilibrada e xusta das súas capacidades reais. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Easley, S.-D. & Mitchell, K. 2003. Portfolios Matter. What, Where, When, Why and How to Use them. Markham, Ontario: Pembroke Publishers.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Portafolio
Inglés: 
Portfolio
Francés: 
Portfolio
Alemán: 
Portfolio
Italiano: 
Portfolio
Polaco: 
Portfolio
Portugués: 
Portefólio
Ruso: 
Портфолио
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/portafolios, con data de acceso 15/09/2024).