Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Portafolios do profesorado

Definición:

Conxunto de documentos e materiais recompilado por un profesor como mostra representativa do seu quefacer docente co fin de reflexionar sobre os seus propios progresos, introducir melloras nos seus métodos, someter o seu labor a avaliación por parte dunha comisión ou simplemente compartir con outros colegas os seus logros, as súas estratexias ou os seus puntos de vista como educador.

Tanto o formato como o contido dun portafolios pode variar enormemente en función dos intereses persoais do autor, as súas circunstancias e o propósito co que realiza a recompilación. No entanto, certos compoñentes son bastante habituais, como, por exemplo: descrición das responsabilidades docentes do autor (materias das que se encarga, número de estudantes, etc.), reflexións persoais (sobre técnicas, métodos, obxectivos educativos, etc.), programas das materias impartidas, cursos de formación e/ou innovación educativa nos que participou, mostras de materiais empregados nas clases (fotocopias, exercicios, proxectos, traballos de curso, etc.), exemplos dos instrumentos de avaliación que emprega, resultados da avaliación do seu labor docente por parte de comités específicos, doutros colegas ou dos seus propios alumnos, mostras de traballo dos alumnos coas súas correccións, etc.

Pola súa versatilidade e a súa adecuación para a aprendizaxe reflexiva e a autoavaliación, o portafolios é unha ferramenta de gran utilidade tanto na formación inicial como na formación permanente do profesorado. Por outra banda, nalgúns países, como, por exemplo, os Estados Unidos, é bastante habitual a súa utilización nos procesos de selección e promoción do profesorado en todos os niveis educativos.

Bibliografía: 

Salaberri Ramiro, S. 2005. “Aprendiendo en la práctica escolar a través del portafolio”, en Martínez-Dueñas Espejo et al. (eds.), 2005, Towards an Understanding of the English Language: Past, Present and Future: Studies in Honour of Fernando Serrano. Granada: Universidad de Granada, pp. 597-614.

Seldin, P. (ed.) 1993. Successful Use of Teaching Portfolios. Bolton, MA: Anker Publishing Company Inc.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Portafolio del profesor
Inglés: 
Teacher portfolio
Francés: 
Portfolio du professeur
Alemán: 
Lehrerportfolio
Italiano: 
Portfolio dell'insegnante
Polaco: 
Portfolio nauczycielskie
Portugués: 
Portefólio do professor
Ruso: 
Портфолио учителя
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/portafolios-profesorado, con data de acceso 13/10/2024).