Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Avaliación

Definición:

Por avaliación ou valoración enténdese o conxunto de procedementos a través dos que se miden os coñecementos adquiridos por un estudante durante ou ao final dun curso, ou ben o potencial deste antes de comezar as clases. Os datos obtidos nesa valoración (por medio de exames, xuízos do profesor, observación, etc.) son de grande axuda para o docente á hora de decidir se cómpre modificarse a marcha e o ritmo do curso co fin de lograr os obxectivos establecidos nun principio. De acordo co marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (Consello de Europa, 2001), á hora da avaliación o profesor haberá de determinar:

  1. o tipo máis adecuado ás necesidades do alumnado, tendo en conta a cultura pedagóxica do sistema;
  2. as formas nas que a avaliación do aproveitamento (orientada ao centro escolar e a aprendizaxe) e a avaliación do dominio lingüístico (orientada cara ao mundo real e os resultados) se equilibran e se complementan, e ata que punto se avalía tanto a actuación comunicativa como os coñecementos lingüísticos;
  3. a medida na que se avalían os resultados da aprendizaxe en relación con niveis e criterios definidos (referencia a un criterio) e ata que punto se asignan as cualificacións e as avaliacións segundo a clase ou grupo no que se atopa o estudante (referencia a unha norma);
  4. o grao en que é aconsellable desenvolver un enfoque integrado da avaliación continua e da avaliación nun momento concreto de acordo con niveis relacionados entre si e definicións de criterios;
  5. o grao de implicación do alumnado na súa autoavaliación, referida a descritores definidos de tarefas e aspectos de dominio en distintos niveis; e, finalmente,
  6. a adecuación á situación do alumnado das especificacións e escalas proporcionadas no Marco europeo común de Referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación, e da forma en que poderían ser desenvolvidas.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Eres Fernández, I. G. M. & Rádis Baptista, L. M. T. 2010. La enseñanza de lenguas extranjeras y la evaluación. Madrid: Arco Libros.

Harris, M. & McCann, P. 1994. Assessment. Handbooks for the English Classroom. Oxford: Heinemann

Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.

Este termo pode tamén utilizarse nun sentido máis amplo que o anterior, pois implica non só a valoración do dominio lingüístico por parte do alumnado, senón tamén outros aspectos que axudan ao docente a decidir cales serían as estratexias máis adecuadas para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe. Polo tanto, a avaliación está presente na elaboración de programas para o ensino da lingua, e consiste na recompilación sistemática e na análise de toda a información necesaria para comprobar o grao de cumprimento e a eficacia do currículo (calidade do ensino, obxectivos, eficacia dos materiais didácticos, sistemas de cualificación, etc.) e as actitudes dos participantes dentro do contexto da institución que está implicada na avaliación (a satisfacción do alumnado, os docentes, etc.). Os datos que se obteñen da avaliación son de grande axuda á hora de decidir se un curso necesita ser modificado para que os obxectivos poidan cumprirse de forma máis efectiva. A avaliación do currículo pode estar orientada cara aos obxectivos e fins do programa (avaliación orientada cara ao produto) ou cara ao proceso mesmo de elección de fins e obxectivos (avaliación orientada cara ao proceso). A avaliación pode medirse de forma cualitativa (diarios persoais, reunións de área, observación na aula, etc.) ou cuantitativa (tests, probas, etc.).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Johnson, K. (ed.) 1989. The Second Language Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Lewy, A. 1977. Handbook of Curriculum Evaluation. New York: International Institute for Educational Planning.

McCormick, R. & James, M. 1988. Curriculum Evaluation in Schools. London: Croom Helm. 2nd edition.

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Popham, W. J. 1975. Educational Evaluation. Englewood Cliffs: Prentice-Hall.

Ravera Carreño, M. 1997. “Prototipos de evaluación”, en Ribé Queralt, R. (con la colaboración de Celaya Villanueva, M. L., Ravera Carreño, M., Rodríguez, F., Tragant Mestres de la Torre, E. & Vidal Llorens, N.). Tramas creativas y aprendizaje de lenguas. Barcelona: Universitat de Barcelona, pp. 201-234.

Rea-Dickins, P. 1994. “Evaluation and English Language Teaching.” Language Teaching 27/2: 71-91.

Rico Vercher, M. & Rico Pérez, C. 1996. “Testing and Assessment”, in McLaren, N. & Madrid, D. (eds.). A Handbook for TEFL. Alcoy: Marfil, pp. 465-492.

Weir, C. J. 1994. Evaluation in ELT. Oxford: Blackwell.

White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.

Yeoman, G. D. & Beck, A. W. 1987. Curriculum Evaluation. Nottingham: University of Nottingham School of Education.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Evaluación
Inglés: 
Assessment
Francés: 
Évaluation
Alemán: 
Beurteilung/ Bewertung
Italiano: 
Valutazione
Polaco: 
Ocena/Ewaluacja
Portugués: 
Avaliação
Ruso: 
Оценка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/avaliacion, con data de acceso 13/10/2024).