Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Autoavaliación

Definición:

Valoración que fai o discente para determinar se a súa aprendizaxe progresa satisfactoriamente e, se ese non fose o caso, diagnosticar as causas e suxerir formas de remediar a situación. A autoavaliación é unha técnica especialmente utilizada no ensino centrado no alumno, debido a que promove a aprendizaxe autónoma, axuda ao docente na avaliación do currículo e lle mostra que materiais e formas de aprendizaxe prefiren os seus alumnos. As investigacións ao respecto suxiren que, sempre que non haxa riscos, a autoavaliación pode ser un complemento eficaz das probas e da avaliación que realiza o profesor. De acordo co Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (Consello de Europa, 2001), a autoavaliación é máis precisa nos seguintes casos:

  1. cando a avaliación se fai en relación con descritores claros que definen patróns de dominio lingüístico e, no seu caso,
  2. cando a avaliación se relaciona cunha experiencia concreta. Esa experiencia pode ser en si mesma unha actividade de exame.

Tamén é probable que a autoavaliación se realice con maior precisión cando o alumno recibe algunha formación ou adestramento específico. A devandita avaliación estruturada pode chegar facilmente a gardar correlación coas avaliacións que realizan os docentes e coas probas. Con todo, o potencial máis importante da autoavaliación estriba na súa utilización como ferramenta para a motivación e toma de conciencia, pois axuda aos estudantes a apreciar as súas cualidades, a recoñecer as súas insuficiencias e a orientar a súa aprendizaxe dunha forma máis eficaz.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Autoevaluación
Inglés: 
Self-evaluation
Francés: 
Auto-évaluation
Alemán: 
Selbstbeurteilung
Italiano: 
Autovalutazione
Polaco: 
Samoewaluacja
Portugués: 
Autoavaliação
Ruso: 
Самооценка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/autoavaliacion, con data de acceso 15/10/2024).