Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.
Esta aproximación ao ensino ten como eixo central as necesidades do discente máis que principios externos impostos polo currículo ou os propios intereses ou preocupacións do profesor (⇒ ensino centrado no profesor). Procura sobre todo explotar o interese e a curiosidade natural do discente, tratando de utilizar unha metodoloxía activa na que o propio estudante sexa o principal protagonista. Algúns profesores cuestionan certos aspectos deste método didáctico pois consideran que a miúdo resulta difícil combinar con éxito os intereses e necesidades do alumnado cos obxectivos e a filosofía imposta polo propio currículo. ⇒ currículo centrado no alumno e negociación.
Weimer, M. 2002. Learner-Centered Teaching. Five Key Changes to Practice. San Francisco, CA: Jossey-Bass (John Wiley & Sons Inc.).
Westwood, P. 2008. What Teachers Need to Know about Teaching Methods. Victoria: ACER Press.