Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Currículo centrado no alumnado

Definición:

Plan de acción educativa que vira arredor da idea de que a planificación, o desenvolvemento e a avaliación do proceso de ensino e aprendizaxe deben basearse na colaboración entre o profesor e os alumnos. Estes últimos han de implicarse no proceso de toma de decisións sobre os contidos do curso e a súa secuenciación, o método de ensino e a avaliación do curso, sempre de acordo cos seus intereses e necesidades. A idea dun currículo centrado no alumno xorde a partir do enfoque comunicativo, que postula que os estudantes non deben de comportarse como simples receptores de coñecementos, senón como partícipes activos nos distintos niveis de ensino e aprendizaxe. O importante é o proceso de adquisición de habilidades que o estudante poida poñer en práctica no futuro, e non tanto o dominio dunha serie de contidos establecidos con antelación polo docente.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Cullen, R.; Harris, M. & Hill, R. R. 2012. The Learner-Centered Curriculum: Design and Implementation. San Francisco: John Wiley & Sons.

Nation, I.S.P. & Macalister, John. 2010. Language Curriculum Design. New York: Routledge.

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Currículo centrado en torno al alumno
Inglés: 
Learner-centred curriculum
Francés: 
Curriculum axé sur l'apprenant
Alemán: 
Lernerzentriertes Curriculum
Italiano: 
Curricolo centrato sul discente
Polaco: 
Program nauczania skoncentrowany na uczniach
Portugués: 
Currículo centrado no aluno
Ruso: 
Учебный план сконцентрированный на студенте
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/curriculo-centrado-alumnado, con data de acceso 15/09/2024).