White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.
Plan de acción educativa que se centra no logro de obxectivos como resultado do ensino, e non tanto no proceso de aprendizaxe. Segue unha secuencia de catro etapas:
- establecemento de obxectivos xerais e específicos;
- selección de contidos;
- selección e organización das experiencias de aprendizaxe; e
- avaliación da aprendizaxe.
De acordo con este tipo de currículo, a meirande parte das decisións tomadas polo docente ou pola institución académica correspondente sobre obxectivos, materiais e método fanse antes de que exista un encontro entre o docente e discente na aula. A filosofía educativa que subxace a este tipo de currículo é o reconstrucionismo, que postula que no deseño do currículo debe especificarse claramente e con antelación o produto final obtido trala aprendizaxe, xunto con todas as etapas que conducen a el.
Entradas relacionadas:
Bibliografía: