Clark, J. L. 1987. Curriculum Renewal in School Foreign Language Learning. Oxford: Oxford University Press.
Filosofía educativa que se asocia coa teoría do estímulo-resposta do psicólogo norteamericano B. F. Skinner (1904-1990). Na súa aplicación ao ensino de linguas, o reconstruccionismo promove unha aprendizaxe por etapas que conduza cara a uns obxectivos fixados con antelación. Isto é o que ocorre co currículo centrado nos medios e fins, no que se segue unha secuencia de obxectivos establecidos de antemán, nun proceso guiado pola eficiencia e a racionalidade.
Fronte ao reconstruccionismo, o progresivismo postula que o importante é o proceso de aprendizaxe, polo que se centra no discente e no seu desenvolvemento individual. Os devanditos presupostos víronse reflectidos no currículo centrado no proceso.
White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.