Carroll, S. E. 1995. “The Irrelevance of Verbal Feedback to Language Learning”, in Eubank, L., Selinker, L. & Sharwood Smith, M. (eds.). The Current State of Interlanguage. Amsterdam: John Benjamins, pp. 73-88.
Tamén feedback e retroalimentación.
No ámbito da linguaxe, información que se obtén dos oíntes acerca da percepción e comprensión dunha mensaxe falada ou escrita por medio de xestos, ton de voz, etc. O reaproveitamento da información pode ser positivo (entendeuse a mensaxe e prosegue a comunicación) ou negativo (a comunicación interrompeuse). O tipo de información que se pode transmitir é de dous tipos:
- información cognitiva (feitos e crenzas); e
- información afectiva (aquela que afecta á relación entre o falante e o oínte).
No ámbito da análise de erros tense sinalado que os erros que mostran síntomas de fosilización na fala do estudante son os que reciben primeiramente un reaproveitamento efectivo da información, para ser logo reforzados cognitivamente.
Vigil, F. & Oller, J. 1976. “Rule Fossilization: A Tentative Model.” Language Learning 26: 281-95.