Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Comentario(s) do profesorado e do alumnado

Definición:

Tamén feedback.

Información que o profesor proporciona ao alumno sobre a súa marcha no curso. Esta pódese reducir a unhas palabras de ánimo, louvanza, reprimenda, etc., ou ben a unha nota determinada ou a un informe concreto e concienzudo sobre o progreso do alumno. Igualmente pódese entender na dirección contraria, é dicir, comentarios ou apreciacións do alumno cara ao profesor sobre a marcha do curso en xeral en relación á calidade das clases, materiais didácticos utilizados, tipo de exames, etc.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Lightbown, P. & Spada, N. 1990. “Focus-on-Form and Corrective Feedback in Communicative Language Teaching: Effects on Second Language Learning.” Studies in Second Language Acquisition 12: 429-443.

Schachter, J. 1991. “Corrective Feedback in Historical Prescriptive.” Second Language Research 7: 89-102.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Comentario del profesorado y del alumnado
Inglés: 
Feedback
Francés: 
Commentaire du professeur et de l'élève
Alemán: 
Feedback
Italiano: 
Reazione del profesore verso l'alunno
Polaco: 
Feedback
Portugués: 
Feedback
Ruso: 
Фидбэк (ответная реакция)
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/comentarios-profesorado-alumnado, con data de acceso 27/04/2024).