Cathcart, R. & Olsen, J. 1976. “Teachers’ and Students’ Preferences for Correction of Classroom Conversation Errors”, in Fanselow, J. F. & Crymes, R. (eds.). On TESOL '76. Washington D.C.: TESOL, pp.41-53.
Proceso mediante o cal se guía aos alumnos cara á mellora da súa produción oral e escrita. Distínguese entre retroalimentación positiva e negativa; na primeira, o docente encomia os aspectos positivos do traballo do alumno; na segunda, concéntrase en sinalar os erros cometidos. Existen tres factores a considerar:
- a actitude do alumno ante o erro;
- o alcance do que o profesor debe corrixir; non debemos esquecernos de que os erros son hipóteses que o alumno vai construíndo no proceso de aprendizaxe ata chegar á forma correcta na segunda lingua; e
- o labor de corrección pode partir do profesor, aínda que algúns estudos reflicten que a autocorrección dá mellores resultados.
A corrección por parte do profesor realízase a través dunha serie de técnicas, que se dividen en dous grupos fundamentais:
- Técnicas de corrección oral. O docente elabora unha lista de diferentes modalidades co propósito de descubrir cal é a máis apropiada para un determinado grupo de estudantes. Nun paso posterior, o profesor pode asistir como observador a outras clases e identificar aquelas que se utilizan nas mesmas. Finalmente, pode entrevistar a varios alumnos sobre as técnicas que lles resultan máis útiles.
- Técnicas de corrección escrita. O profesor pode seguir tres pasos; o primeiro consiste na lectura de tarefas, tests de vocabulario, exercicios escritos realizados en clase, etc. Posteriormente, o docente imaxina que todo ese material foi escrito polo seu alumno e procede á súa corrección. Finalmente, reflexiona sobre as correccións realizadas e, se é posible, compáraas coas feitas por outros profesores.
A autocorrección ten como propósito que o estudante se dea de conta de que existe un erro. Na súa produción oral, o docente pódello facer ver a través de xestos, deixando que o estudante finalice a mensaxe que está construíndo. Na produción escrita o alumno debe determinar se se trata dun erro morfolóxico, sintáctico, de léxico, etc. Para iso, o docente poderá facer uso dunha serie de códigos que fagan referencia ao tipo de erro cometido, e que sirvan para que o alumno se autocorrixa en función dos mesmos.
No caso de que a autocorrección non sexa efectiva con algúns estudantes, pode recorrerse entón á corrección de alumno a alumno, na que se pide a colaboración doutro estudante para obter a forma correcta. Isto fomenta a colaboración de todo o alumnado no proceso de corrección e reduce a dependencia do discente con respecto ao docente.
Davies, P. & Pearse, E. 2000. Success in English Teaching. Oxford: Oxford University Press.
Gower, R., Phillips, D. & Walters, S. 1995. Teaching Practice Handbook. Oxford: Heinemann.
Van Lier, L. 1988. The Classroom and the Language Learner. London: Longman.