Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.
En estatística e investigación, afirmación especulativa realizada a partir dos datos observados acerca das relacións posibles ou esperables entre distintas variables. A devandita afirmación pódese verificar utilizando métodos cuantitativos e técnicas estatísticas. Por exemplo, a afirmación de que o método de ensino A é máis eficaz có B pódese contemplar como unha hipótese estatística porque é posible comprobala facendo que dous grupos de estudantes tratados cos dous métodos (isto é, dúas mostras da poboación de estudantes) realicen probas puntuables, para máis tarde estudar a distribución das puntuacións obtidas. O primeiro paso no proceso de validación dunha hipótese é establecer a chamada hipótese nula (H0). Esta hipótese existe sempre por defecto, aínda que non se mencione explicitamente, e trátase dunha afirmación sobre as variables observadas que postula que non existe ningunha relación entre elas. No exemplo anterior, supoñendo que os estudantes do método A obtivesen puntuacións máis elevadas que os do B, a hipótese nula sostería que non hai relación entre as puntuacións e o método empregado, e que, xa que logo, tampouco hai diferenzas no que fai á eficacia dos dous métodos. O proceso de validación de hipóteses consiste en acumular suficientes probas para refutar a hipótese nula en favor doutra ou doutras hipóteses propostas polo investigador, chamadas hipóteses alternativas ou experimentais (H1, H2, H3, etc.). Neste caso, a hipótese alternativa sería a de que os métodos teñen distinta eficacia, sendo A máis eficaz que B, xa que os alumnos do método A obtiveron mellores puntuacións.
Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Lowie, W. & Seton, B. 2013. Essential Statistics for Applied Linguistics. London: Palgrave.