Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Percepción

Definición:

Proceso mediante o cal recoñecemos e comprendemos feitos, obxectos e estímulos. Distínguense tres tipos de percepción:

  1. visual, é dicir, percepción por medio de estímulos visuais;
  2. auditiva, ou percepción a través do oído, tamén chamada percepción da fala, na que o receptor distingue sinais acústicos e distingue os seus trazos; tamén se aplica este termo aos mecanismos neuropsicolóxicos que regulan esta capacidade; e
  3. percepción do discurso, que implica a súa comprensión.

Schmidt (1990) utiliza este termo en relación coa problemática do explícito e o implícito na aprendizaxe de linguas ao considerar que o factor de fondo é a consciencia. Distingue tres sentidos desta palabra:

  1. a propia consciencia de ser consciente;
  2. a consciencia como intención, que implica que non todas as intencións son conscientes; e
  3. a consciencia do coñecemento, que está relacionada co continuo existente entre o implícito / explícito e a dificultade de marcar unha liña que delimite o coñecemento consciente.

O primeiro sentido, a consciencia de ser consciente, divídese á súa vez en tres niveis diferentes:

  1. a percepción, que non é necesariamente consciente;
  2. a atención, que require consciencia focal; e
  3. a comprensión, que implica o uso da análise consciente e a comparación.
Bibliografía: 

Schmidt, R. W. 1990. “The Role of Consciousness in Second Language Learning.” Applied Linguistics 11: 129-58.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Percepción
Inglés: 
Perception
Francés: 
Perception
Alemán: 
Wahrnehmung
Italiano: 
Percezione
Polaco: 
Percepcja
Portugués: 
Perceção
Ruso: 
Восприятие
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/percepcion, con data de acceso 19/09/2024).