Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Currículo centrado no proceso

Definición:

Tamén currículo procesual.

Plan de acción educativa que pon énfase no día a día da aprendizaxe, e non nos produtos mensurables, os contidos, etc. No campo do ensino de linguas insistiuse na natureza imprevisible e creativa do uso da lingua, polo que non é factible seleccionar de antemán os elementos lingüísticos que han de ser introducidos no programa. É por iso que neste tipo de currículo non se parte duns obxectivos preestablecidos que se teñen que cumprir nun prazo curto de tempo, senón de obxectivos máis xerais que acheguen unha dirección ao currículo. Varios son os aspectos aos que se lles presta atención:

  1. os procesos que conducen á aprendizaxe da lingua;
  2. as estratexias e técnicas utilizadas polo alumnado, é dicir, as actividades de aprendizaxe; e, para rematar,
  3. os efectos sobre a interacción que resultan das distintas formas de organización das actividades na aula.

A filosofía educativa que subxace a este tipo de desenvolvemento curricular é o progresivismo, pola importancia que concede ao desenvolvemento cognitivo do estudante, xunto á súa capacidade de reflexión sobre as súas experiencias de aprendizaxe. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Breen, M. P. 1987. "Contemporary Paradigms in Syllabus Design". Language Teaching 20/2: 81-93 & 20/3: 157-174.

Finney, D. 2002. "The ELT curriculum: A flexible model for a changing world", in Richards, Jack C. & Renandya, Willy A. (eds.) Methodology in Language Teaching: An Anthology of Current Practice. Cambridge: Cambridge University Press, pp. 69-79.

Nation, I.S.P. & Macalister, John. 2010. Language Curriculum Design. New York: Routledge.

White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Currículo centrado en el proceso
Inglés: 
Process curriculum
Francés: 
Curriculum axé sur le procès
Alemán: 
Prozessorientiertes Curriculum
Italiano: 
Curricolo centrato sul processo
Polaco: 
Program nauczania skoncentrowany na procesie
Portugués: 
Currículo centrado no processo
Ruso: 
Учебный план сконцентрированный на процессе
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/curriculo-centrado-proceso, con data de acceso 15/10/2024).