Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Desenvolvemento curricular

Definición:

Proceso polo que se leva a cabo a concreción de todos os aspectos técnicos relacionados cos distintos compoñentes do currículo: os obxectivos, os métodos e materiais, os contidos e a avaliación.

Aplicación dos procedementos necesarios para a planificación, implementación, control e avaliación do ensino e aprendizaxe. Para iso séguese un proceso que abrangue os seguintes pasos:

  1. análise de necesidades. Solicítase información sobre os alumnos para centrar as decisións de planificación e desenvolvemento do ensino.
  2. Selección de obxectivos: Richards (1990) establece unha diferenza entre metas (en inglés, goals) e obxectivos (en inglés, objectives). As metas consisten en especificacións de carácter xeral sobre os logros que se pretende acadar nun determinado ciclo de estudos, tendo en conta as limitacións xurdidas trala análise de necesidades. Cada unha das metas concrétase nunha serie de obxectivos baseados na conduta dos alumnos, as destrezas lingüísticas e os contidos.
  3. Deseño do programa: selección e gradación dos contidos de ensino necesarios para cumprir os obxectivos establecidos tras a análise de necesidades. No programa especifícanse os obxectivos, os contidos lingüísticos e de conduta, as orientacións metodolóxicas, os tipos de actividades e tarefas de aprendizaxe, o papel do alumno e o papel do profesor, así como a función dos materiais didácticos.
  4. Metodoloxía: aquí a énfase ponse nas actividades, tarefas e experiencias de aprendizaxe que o docente selecciona co fin de levar a cabo o proceso de ensino.
  5. avaliación: especificación dos procedementos para valorar o grao en que os alumnos alcanzaron os obxectivos establecidos, así como valoración do desenvolvemento, efectividade e eficacia do currículo no seu conxunto.
Bibliografía: 

Johnson, K. (ed.) 1989. The Second Language Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Richards, J. C. 1990. The Language Teaching Matrix. New York: Cambridge University Press.

White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Desarrollo curricular
Inglés: 
Curriculum development
Francés: 
Développement du curriculum
Alemán: 
Curriculumsentwicklung
Italiano: 
Sviluppo del programma / del curricolo
Polaco: 
Rozwój programu nauczania
Portugués: 
Desenvolvimento curricular
Ruso: 
Разработка учебного плана
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/desenvolvemento-curricular, con data de acceso 06/12/2024).