Johnson, K. 1982. Communicative Syllabus Design and Methodology. Oxford: Pergamon Institute of English.
Tamén secuenciación.
Forma de distribuír no tempo a presentación dos contidos dun programa de estudos ou dun libro de texto, a fin de que o alumno poida adquirir a lingua de xeito máis rápido e eficaz. Os criterios de gradación de contidos nun programa de estudos son os seguintes:
- simplicidade: preséntase primeiro o máis simple para ir desde aí cara ao máis complexo;
- frecuencia coa que aparecen eses contidos na lingua escrita e oral, o cal é un reflexo da súa utilidade;
- información obtida a través da investigación sobre a orde de adquisición da lingua; e
- importancia do que se ensina para o alumno, xunto coas súas necesidades específicas.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Mackey, W. F. 1965. Language Teaching Analysis. London: Longman.
Stern, H. 1983. Fundamental Concepts of Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.