García Santa-Cecilia, A. 2000. Cómo se diseña un curso de lengua extranjera. Madrid: Arco Libros, S. L.
Serie de procedementos levados a cabo para obter información que permita identificar as necesidades dun grupo de alumnos con vistas a elaborar un plan de ensino de lingua adecuado aos seus intereses ou revisar ou adaptar un plan xa existente. A análise de necesidades é, xa que logo, unha parte do desenvolvemento do currículo. As necesidades ofrecen á persoa encargada de confeccionar o deseño do curso unha base sólida para a selección dos contidos do programa de acordo coas necesidades obxectivas e subxectivas de cada alumno, de aí a súa importancia no ensino da segunda lingua con fins específicos. Na análise de necesidades cómpre ter en conta:
- o nivel inicial ou de partida do alumno e o que se pretende acadar;
- o propósito ou a finalidade para a que se necesita aprender a lingua xunto coas situacións nas que se vai utilizar;
- as preferencias dos alumnos con respecto á aprendizaxe;
- a selección e secuenciación dos contidos do curso;
- a metodoloxía a empregar; e, para rematar,
- a duración do curso.
Existen unha serie de instrumentos para investigar as necesidades dos alumnos como, por exemplo, os seguintes: enquisas, entrevistas, observación, discusión informal, recollida de datos lingüísticos, etccom.
Existen dous ámbitos dentro da análise de necesidades, que van do máis xeral ao máis específico:
- Análise de necesidades da situación: características dos estudantes (aspiracións, estilo de aprendizaxe), perfil dos docentes, contexto educativo do programa e limitacións (tempo, orzamento, medios), etc.
- Análise de necesidades comunicativas: os contextos en que o discente vai utilizar a lingua, as destrezas lingüísticas que van estar implicadas, así como os actos de fala que traen aparellados, e finalmente o nivel de competencia lingüística que se esixe.
Johnson, K. (ed.) 1989. The Second Language Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.
Munby, J. 1978. Communicative Syllabus Design. Cambridge: Cambridge University Press.
Palacios Martínez, I. M. 1994a. La Enseñanza del inglés en España a debate. Perspectivas de profesores y alumnos. Santiago: Universidade de Santiago.
Richards, J. C. 1990. The Language Teaching Matrix. New York: Cambridge University Press.
West, R. 1994. “Needs Anaylsis in Language Teaching.” Language Teaching 27/1: 1-19