Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Negociación

Definición:

1. Na análise da conversa, adaptación que fai o falante da súa mensaxe para que o oínte poida entendelo mellor. Así, o falante pode corrixir sobre a marcha a forma da súa mensaxe, e á súa vez o oínte pode comunicar que non entendeu ben, asentir ao dito polo seu interlocutor, axudarlle a expresar as súas ideas, indicar ou non que continúe a conversa, etc. A negociación do significado feita en pequenos grupos de traballo na aula constitúe sen dúbida un elemento clave na aprendizaxe da lingua estranxeira

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Coulthard, M. 1985. An Introduction to Discourse Analysis. London: Longman.

Sinclair, J. M. & Coulthard, R. M. 1975. Towards an Analysis of Discourse. The English Used by Teachers and Pupils. London: Oxford University Press.

2. Proceso de consulta mutua e intercambio de ideas que se leva a cabo entre docentes e discentes sobre as necesidades, roles e expectativas destes últimos ante un curso. Este proceso é básico na análise de necesidades e na avaliación, e resulta moi común en determinados tipos de ensino, tales como o ensino centrado no alumno.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Breen, M. P. 1984. "Process Syllabus for the Language Classroom", in Brumfit, C. J. (ed.). General English Syllabus Design. ELT Documents 118. Oxford: Modern English Publications and the British Council, pp. 47-60.

Breen, M. P. 1987. "Contemporary Paradigms in Syllabus Design". Language Teaching 20/2: 81-93 & 20/3: 157-174.

Nunan, D. 1988. The Learner-Centred Curriculum. Cambridge: Cambridge University Press.

Prabhu, N. 1987. Second Language Pedagogy. Oxford: Oxford University Press.

Ribé Queralt, R. & Vidal Llorens, N. 1995. Enseñanza de la lengua extranjera en la Educación Secundaria: Agenda práctica para aprender y enseñar una lengua extranjera en la ESO. Madrid: Alhambra Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Negociación
Inglés: 
Negotiation
Francés: 
Négociation
Alemán: 
Bedeutungsaushandlung
Italiano: 
Negoziazione
Polaco: 
Negocjacje
Portugués: 
Negociação
Ruso: 
Переговоры
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/negociacion, con data de acceso 06/12/2024).