Clark, H. H. & Clark, E. 1977. Psychology and Language. New York: Harcourt, Brace, Jovanovich.
Estudo da interacción lingüística en condicións naturais, co fin de descubrir como se emprega a conversa na vida cotiá e cales son as súas características lingüísticas. Os materiais utilizados para levar a cabo este tipo de análise adoitan ser gravacións de conversas espontáneas.
A análise da conversa abarca, entre outros aspectos, os seguintes:
- O estudo das regras conversacionais, que regulan, por exemplo, o uso de fórmulas para comezar ou rematar unha conversa, ou cando cómpre falar ou gardar silencio.
- A identificación dos turnos de fala, é dicir, cando e como adopta cada un dos interlocutores o rol de falante ou oínte nunha conversa.
- A estrutura da conversa, isto é, como se relacionan as intervencións dos interlocutores e como se descompoñen en pares adxacentes (por exemplo, pregunta-resposta, queixa-desculpa, ou invitación-aceptación/rexeitamento).
- A aplicación das denominadas máximas conversacionais, é dicir, normas implícitas que rexen os intercambios comunicativos, tales como a máxima de cantidade (dar tanta información como sexa requirida pero non máis da necesaria) ou a de relación (procurar que dita información sexa pertinente, isto é, que se axuste ao que se solicita). Ditas máximas funcionan á súa vez a partir do chamado “principio de cooperación”, termo acuñado por H. P. Grice (1975), polo que os falantes comprométense a colaborar para facilitar os intercambios comunicativos.
- O estudo das funcións da conversa, por exemplo, se se emprega para mostrar cortesía ou para favorecer a confianza entre os interlocutores.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Coulthard, M. 1985. An Introduction to Discourse Analysis. London: Longman.
Escandell, M. V. 1996. Introducción a la pragmática. Barcelona: Ariel.
Levinson, S. 1983. Pragmatics. Cambridge: Cambridge University Press.
Richards, J. C. 1990. The Language Teaching Matrix. New York: Cambridge University Press.
Tusón Valls, A. 1997. Análisis de la conversación. Barcelona: Ariel.