Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Análise de covarianza

Definición:

Tamén chamado ANCOVA.

En estatística, procedemento similar á análise de varianza que serve para calibrar o grao de similitude na variación de distintos conxuntos de datos. Polo xeral, este tipo de análise emprégase para equiparar grupos estatisticamente e así controlar os efectos dunha ou máis variables. Por exemplo: deséxase facer un estudo comparativo sobre os progresos realizados por tres grupos de alumnos na aprendizaxe dunha segunda lingua e obsérvase que só nun deles se dispón de resultados procedentes dunha proba estandarizada (exame tipo TOEFL, por exemplo) sobre o seu dominio do inglés. Poderíase recorrer á análise de covarianza para equiparar as puntuacións deste exame TOEFL coas dos outros exames, e axustar así os efectos desa variable (por exemplo, unha puntuación de 80 no exame A e de 100 no B equivalerían a 500 no exame TOEFL).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Woods, A., Fletcher, P. & Hughes, A. 1986. Statistics in Language Studies. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Análisis de covarianza
Inglés: 
Covariance analysis
Francés: 
Analyse de covariance
Alemán: 
Kovarianzanalyse
Italiano: 
Analisi della covarianza
Polaco: 
Analiza kowariancji
Portugués: 
Análise de covariância
Ruso: 
Ковариационный анализ
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/analise-covarianza, con data de acceso 05/11/2024).