Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.
Tamén chamado ANAVA(R), en inglés, Anova(r) ou ANOVA(R).
En estatística, procedemento para verificar se a diferenza entre as medias de dous ou máis grupos é significativa. Por exemplo: deséxase comprobar se a utilización dun determinado material audiovisual na clase de lingua influirá no rendemento dun grupo de alumnos A (grupo experimental) con respecto a outro grupo B que non o utiliza (grupo de control). A análise de varianza empregarase para comparar as notas medias obtidas por A e B nun exame posterior (por exemplo, de vocabulario), e determinar así se a diferenza entre elas é significativa, isto é, se o feito de que o grupo A obteña unha puntuación media superior ao B se debe atribuír á utilización do material suplementario.
Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Lowie, W. & Seton, B. 2013. Essential Statistics for Applied Linguistics. London: Palgrave.