Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Análise do discurso

Definición:

Estudo das propiedades estruturais dos textos orais e escritos, é dicir, do modo no que estes adquiren sentido e unidade para os seus usuarios. Entre os conceptos manexados nesta disciplina relativamente recente atópanse nocións tales como coherencia, cohesión, anáfora, etc.

Comprender o funcionamento das unidades lingüísticas superiores á oración e as peculiaridades de cada lingua neste sentido é unha condición necesaria para a comunicación adecuada en calquera comunidade. No ensino de linguas, con todo, este aspecto atópase aínda moi desatendido.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, G. & Yule, G. 1983. Discourse Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Coulthard, M. 1985. An Introduction to Discourse Analysis. London: Longman.

Fuentes Rodríguez, C. 2000. Lingüística pragmática y análisis del discurso. Madrid: Arco Libros.

McCarthy, M. 1991. Discourse Analysis for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Sinclair, J. M. & Coulthard, R. M. 1975. Towards an Analysis of Discourse. The English Used by Teachers and Pupils. London: Oxford University Press.

Stern, H. 1992. Issues and Options in Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Análisis del discurso
Inglés: 
Discourse analysis
Francés: 
Analyse du discours
Alemán: 
Diskursanalyse
Italiano: 
Analisi del discorso
Polaco: 
Analiza dyskursywna
Portugués: 
Análise do discurso
Ruso: 
Дискурсивный анализ
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/analise-discurso, con data de acceso 30/04/2025).