Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Competencia discursiva

Definición:

Capacidade de producir un discurso escrito ou falado unitario que mostre coherencia e cohesión, e que se axuste ás normas propias de cada xénero (por exemplo, unha carta de traballo, un ensaio científico, etc.). Desde o punto de vista do ensino de linguas, isto implica que, ademais da capacidade de producir expresións mínimas ou ultramínimas (isto é, palabras ou oracións gramaticalmente correctas e apropiadas para a situación na que se están empregando), o alumno debe desenvolver tamén a capacidade de producir un discurso sostido, é dicir, aquel en o que as sucesivas oracións vaian unidas de forma coherente. Segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino e avaliación (Consello de Europa, 2001), a competencia discursiva é unha das competencias pragmáticas e consiste na capacidade que posúen os aprendices para organizar, estruturar e ordenar as mensaxes en secuencias e producir deste xeito fragmentos coherentes de lingua. Son particularmente relevantes para o ensino da competencia discursiva os avances en Análise do Discurso e disciplinas afíns.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Canale, M. 1983. "From Communicative Competence to Language Pedagogy", in Richards, J. C. & Schdmit, J. (eds.). Language and Communication. London: Longman, pp. 2-27.

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Ellis, R. 1991. Understanding Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Competencia discursiva
Inglés: 
Discourse competence
Francés: 
Compétence discursive
Alemán: 
Diskursive Kompetenz
Italiano: 
Competenza discorsiva
Polaco: 
Kompetencja dyskursywna
Portugués: 
Competência discursiva
Ruso: 
Дискурсивная компетенция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/competencia-discursiva, con data de acceso 20/04/2024).