Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Competencia dixital

Definición:

Conxunto de coñecementos, capacidades e actitudes que permiten a unha persoa utilizar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) de forma efectiva para acadar diferentes obxectivos. Para os docentes, isto implica facer un uso tecnolóxico, informativo, multimedia, comunicativo, colaborativo e ético baseado en criterios pedagóxicos coa fin de lograr la integración das TICs de forma efectiva na docencia e na educación en xeral (Durán, 2019). Refírese, por exemplo, no só a saber usar as ferramentas dixitais, senón tamén a comprender o seu impacto, avaliar a información, comunicarse e colaborar en contornas dixitais, crear contido dixital e resolver problemas. O Marco Europeo de Competencias Dixitais para os Cidadáns (coñecido como DigComp), desenvolvido polo Centro Común de Investigación (JRC) da Comisión Europea, é unha das referencias máis influentes na definición da competencia dixital.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Arteaga Toro, D. C. & Osorio Carrera, C. J. 2024. “Competencia digital en educación: Una revisión sistemática”. Aula Virtual 5/12: 842-857.

Cabero-Almenara, J., Barroso-Osuna, J., Rodríguez, A. P., & Llorente-Cejudo, C. 2020. “Marcos de Competencias Digitales para docentes universitarios: su evaluación a través del coeficiente competencia experta”. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación Del Profesorado 23(3): 1-18.

Durán, M. C., Prendes, M.P.E. & Gutiérrez, I. P. 2019. "Certificación de la Competencia Digital Docente: propuesta para el profesorado universitario". RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia 22/1: 187-205.

Díaz-Arce, D. & Loyola-Illescas, E. 2021. "Competencias digitales en el contexto COVID 19: una mirada desde la educación". Revista Innova Educación 3/1: 120-150.

Redecker, C., & Punie, Y. 2017. European Framework for the Digital Competence of Educators: DigCompEdu. Luxembourg: Publications Office of the European Union.

Verdú-Pina, M., Grimalt-Álvaro, C., Usart, M. & Gisbert-Cervera, M. 2024. "La competencia digital de estudiantes y docentes en los centros de educación secundaria". Edutec, Revista Electrónica De Tecnología Educativa 87: 134-150.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Competencia digital
Inglés: 
Digital competence
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/competencia-dixital-0, con data de acceso 15/12/2025).