Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Competencia existencial

Definición:

Tipo de competencia que posúen todos os individuos e, en consecuencia, todos os aprendices ou falantes dunha lingua, que afecta e determina a súa actividade comunicativa e a súa capacidade de aprender. A competencia existencial ou “saber ser” é o resultado da suma das características dun individuo, é dicir, a súa personalidade, actitude, imaxe dun mesmo e dos demais, as súas motivacións, crenzas e estilos cognitivos, así como a vontade de participar na interacción social. Todos estes factores constitúen parámetros que deben ser tidos en conta na aprendizaxe e ensino dunha lingua. Este tipo de competencia inclúe factores que resultan de diferentes tipos de aculturación e que están suxeitos a modificación.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Competencia existencial
Inglés: 
Existential competence
Francés: 
Compétence existentielle
Alemán: 
Existentielle Kompetenz
Italiano: 
Competenza di esistenza
Polaco: 
Kompetencja egzystencjalna
Portugués: 
Competência existencial
Ruso: 
Экзистенциальная компетенция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/competencia-existencial, con data de acceso 14/09/2024).