Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Inmigrante dixital

Definición:

Refírese ás persoas que tiveron que aprender e adaptarse ao uso de dispositivos e contornas dixitais na súa vida adulta por naceren antes da era dixital. Ao non crecer inmersas nas novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), a súa forma de pensar e aprender difire da dos nativos dixitais. Este termo foi acuñado por Mark Prensky en 2001, e se contrapón ao termo “nativo dixital”. Esta diferencia no uso das TICs significou un reto no eido educativo pois o profesorado e as institucións víronse na necesidade de desenvolver as súas competencias dixitais para responder ás necesidades de aprendizaxe dos estudantes.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Flores Alarcia, O. & Arco Bravo, I. del. 2013. "Nativos digitales, inmigrantes digitales: rompiendo mitos, un estudio sobre el dominio de las TIC en profesorado y estudiantado de la Universidad de Lleida". Bordón: Revista de Pedagogía 65/2: 59-74.

Gallardo-Echenique, E. E., Marqués-Molías, L., Bullen, M. & Strijbos J.-W. 2013. "Let's talk about digital learners in the digital era". Comunicar: Revista Científica de Educomunicación 21/42: 51-59.

Prensky, M. 2001a. "Digital natives, digital immigrants". On the Horizon 9/5: 1-6

Tapscott, D. 1998. Growing Up Digital: The Rise of the Net Generation. New York: McGraw-Hill.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Inmigrante digital
Inglés: 
Digital inmigrant
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/inmigrante-dixital, con data de acceso 15/12/2025).