Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Innatismo

Definición:

Corrente de pensamento que no ámbito da lingüística actual posúe en Noam Chomsky o seu representante máis destacado. Fronte a teorías anteriores que propuñan que a capacidade humana da linguaxe é adquirida na súa totalidade a partir da experiencia, Chomsky postulou a finais dos anos 50 do século pasado que os aspectos esenciais desta capacidade están determinados xeneticamente, é dicir, son innatos, exclusivos da especie humana e comúns a todos os seus membros con independencia da lingua que falen. A existencia deste compoñente innato da facultade da linguaxe explica a rapidez coa que se completa o proceso de adquisición da primeira lingua a pesar do carácter caótico e fragmentario do aducto lingüístico que recibimos na infancia e é a causa das similitudes estruturais fundamentais que se observan entre as distintas linguas. Nas versións recentes desta teoría, o compoñente innato, común a todas as linguas naturais, descríbese en termos dunha gramática universal, constituída por unha serie pechada de principios e parámetros. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Chomsky, N. 1968. Language and Mind. New York: Harcourt, Brace, Jovanovich.

Cook, V. J. & Newson, M. 1996. Chomsky’s Universal Grammar. An Introduction. Oxford: Blackwell Publishers Ltd. 2nd edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Innatismo
Inglés: 
Innatism
Francés: 
Innéisme
Alemán: 
Nativismus
Italiano: 
Innatismo
Polaco: 
Innatyzm
Portugués: 
Inatismo
Ruso: 
Иннатизм
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/innatismo, con data de acceso 25/04/2024).