Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Aducto

Definición:

Tamén input e datos de entrada.

Termo que designa a información lingüística que recibe o aprendiz no proceso de adquisición. En ocasións distínguese entre toda a información que se recibe e aquela que realmente lle é útil ao alumno na súa aprendizaxe. Isto coñécese como apropiación de datos e desígnase en inglés co termo intake.

Dependendo da corrente lingüística que trate o aducto, o enfoque varía. Adoitan distinguirse tres puntos de vista principais:

  1. Condutista. Segundo esta corrente, o aducto consiste nunha serie de estímulos e retroalimentacion (feedback) ou resposta; deste xeito, os factores externos controlan o proceso de adquisición.
  2. Mentalista. Desde esta perspectiva, a información do aducto ao que están expostos os aprendices é desordenada e insuficiente como para que poidan adquirir a competencia só por imitación. Suponse que os seres humanos posúen unha capacidade innata, especificada para a linguaxe, que permite a todos os nenos conseguir o dominio da súa lingua materna, mediante a exposición aos datos do aducto e á interacción.
  3. Interaccionista. O interaccionismo cognitivo considera que o aducto é importante na adquisición da lingua, aínda que está determinado polos mecanismos internos do aprendiz.

A investigación en torno ao aducto centrouse fundamentalmente na descrición deste fenómeno e o seu papel no proceso de adquisición da segunda lingua.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Davies, A.; Criper, C. & Howatt, A. (eds.) 1984. Interlanguage. Edinburgh: Edinburgh University Press.

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Krashen, S. D. 1985. The Input Hypothesis: Issues and Implications. Harlow: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Aducto
Inglés: 
Input
Francés: 
Input
Alemán: 
Input / Eingabe
Italiano: 
Input
Polaco: 
Wkład
Portugués: 
Input
Ruso: 
Ввод
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/aducto, con data de acceso 10/12/2024).