Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Adquisición natural de linguas

Definición:

Adquisición que se produce fóra da aula, na contorna onde se fala a lingua obxecto de estudo; deste xeito o aprendiz enfróntase á lingua meta en situacións de comunicación cotiás onde pode adquirir a lingua de forma natural. Este tipo de adquisición oponse á adquisición instruída, que se produce no contexto da aula e está mediatizada polo método de ensino e o profesor. Con todo, as dúas situacións de adquisición poden ser complementarias, xa que un mesmo aprendiz pode adquirir a lingua nun contexto natural e ao mesmo tempo asistir a clases. A distinción entre estes dous tipos de adquisición está relacionada coa diferenza, establecida por Krashen, entre adquisición e aprendizaxe. O proceso de aprendizaxe produciríase de forma consciente, mentres que a adquisición realizaríase de xeito máis intuitivo.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Krashen, S. D. 1981. Second Language Acquisition and Second Language Learning. Oxford: Pergamon Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Adquisición natural de lenguas
Inglés: 
Naturalistic language acquisition
Francés: 
Acquisition naturelle de langues
Alemán: 
Natürlicher Spracherwerb
Italiano: 
Acquisizione linguistica naturale
Polaco: 
Naturalne przyswajenie języka
Portugués: 
Aquisição natural da língua
Ruso: 
Естественное / Натуралистическое овладение языком
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/adquisicion-natural-linguas, con data de acceso 03/12/2024).