Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Adquisición

Definición:

Termo de definición problemática que designa o proceso cognitivo de construción da competencia lingüística comunicativa na mente dun falante, sexa da súa lingua materna ou doutras linguas. Algúns autores como Krashen distinguen entre adquisición e aprendizaxe; o primeiro sería un proceso inconsciente mentres que o segundo require un esforzo consciente por parte do aprendiz. Con todo, outras correntes consideran que é difícil decidir cando o coñecemento dun aprendiz foi adquirido ou aprendido, é dicir, resulta moi complicado establecer unha liña divisoria entre ambos procesos; por esta razón utilizan ambos termos de forma indistinta. En ocasións, co fin de evitar este problema, algúns autores optan polo termo desenvolvemento.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Chomsky, N. 1986. Knowledge of Language: Its Nature, Origin and Use. New York: Praeger.

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Krashen, S. D. 1981. Second Language Acquisition and Second Language Learning. Oxford: Pergamon Press.

Pinker, S. 1994. The Language Instinct. London: Penguin. (Existe también traducción al español de 1995 en Alianza Editorial).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Adquisición
Inglés: 
Acquisition
Francés: 
Acquisition
Alemán: 
Erwerb
Italiano: 
Acquisizione
Polaco: 
Przyswajenie/Poznanie
Portugués: 
Aquisição
Ruso: 
Усвоение / овладение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/adquisicion, con data de acceso 07/12/2024).