Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Adquisición dunha primeira lingua

Definición:

Concepto que designa a aprendizaxe e desenvolvemento da L1. Abrangue non só a aprendizaxe durante a infancia nunha situación monolingüe, senón tamén nun contexto bilingüe ou multilingüe. Desde un punto de vista condutista, os nenos adquiren a primeira lingua imitando a lingua que producen os seus pais; deste xeito a adquisición está determinada por factores ambientais. Pola súa banda, os mentalistas, cuxo principal expoñente é Chomsky, interésanse polos procesos que seguen os nenos na aprendizaxe da lingua nativa. Segundo Chomsky, os nenos posúen unha capacidade innata para aprender a lingua materna, polo que non é necesario ensinarlles nin corrixirlles; o contacto directo coa lingua lévaos a aprendela. Os nenos posúen un mecanismo de adquisición da linguaxe (MAL) que lles permite desenvolver de forma inconsciente regras lingüísticas.

Aínda que o interese por este campo se remonta ao século XIX, desde os anos 50 do século pasado goza dun renovado auxe debido ao estudo da cuestión da idade óptima para a aprendizaxe da segunda lingua e a relación da adquisición da lingua nativa co proceso de aprendizaxe da segunda lingua.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, R. 1973. A First Language: The Early Stages. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.

Chomsky, N. 1980. Rules and Representations. Oxford: Blackwell.

Serra Raventós, M., Serrat Sellabona, E., Solé , R., Bel Gaya, A. & Aparici Aznar, M. 2000. La adquisición del lenguaje. Barcelona: Ariel.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Adquisición de la primera lengua
Inglés: 
First language acquisition
Francés: 
Acquisition de la première langue
Alemán: 
Erstprachenerwerb
Italiano: 
Acquisizione della prima lingua
Polaco: 
Przyswajenie pierwszego języka
Portugués: 
Aquisição da primeira língua
Ruso: 
Овладение первым языком
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/adquisicion-primeira-lingua, con data de acceso 11/09/2024).