Cook, V. J. & Newson, M. 1996. Chomsky’s Universal Grammar. An Introduction. Oxford: Blackwell Publishers Ltd. 2nd edition.
Na concepción da linguaxe defendida por Noam Chomsky, a Gramática Universal é o sistema de principios, condicións e regras que constitúen o compoñente esencial compartido por todas as linguas. Nunha versión da teoría, coñecida como teoría da rección e o ligamento, a Gramática Universal descríbese en termos dunha serie de principios comúns a todas as linguas (por exemplo, o movemento de elementos dentro da oración para formar estruturas pasivas, interrogativas, etc. depende da relación estrutural entre as palabras e non simplemente da súa secuencia lineal), e unha serie de parámetros que varían dunhas linguas a outras dentro duns límites claramente establecidos (por exemplo, en linguas como o francés o núcleo dunha frase é o primeiro dos seus elementos, mentres que noutras como o xaponés o núcleo se coloca ao final). O proceso de adquisición da linguaxe consiste en aprender como se aplican os principios universais a unha lingua concreta e cal é o valor apropiado de cada parámetro.
Cook, V. J. 1988. Chomsky’s Universal Grammar: An Introduction. Oxford: Blackwell.
White, L. 1989. Universal Grammar and Second Language Acquisition. Amsterdam: John Benjamins.