Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Universal lingüístico

Definición:

Propiedade ou fenómeno compartido por todas ou pola maioría das linguas coñecidas. Aquilo que pode afirmarse de tódalas linguas sen excepción constitúe un universal absoluto: por exemplo, tódalas linguas están suxeitas a un proceso constante de cambio, e en tódalas linguas hai categorías gramaticais semellantes (substantivo, verbo, etc.). Aquelas propiedades que, aínda sendo compartidas pola meirande parte das linguas, admiten excepcións, coñécense como universais relativos ou tendencias universais: por exemplo, se unha lingua posúe fonemas fricativos, un deles será /s/; na maioría das linguas o suxeito da oración precede ao obxecto, etc.

Existen dous tipos principais de aproximacións aos universales da linguaxe:

  1. universais tipolóxicos, que implican o estudo de trazos comúns nun gran número de linguas diferentes; e
  2. universais segundo a lingüística ou gramática xenerativa, que defende o estudo de linguas individuais co obxectivo de identificar os principios abstractos que gobernan a gramática universal. Á súa vez, a Gramática xenerativa distingue entre universais substantivos, (categorías tales como verbo, sintagma nominal, suxeito, etc.), que se empregan na análise lingüística, e universais formais, referidos ás regras das que se compoñen os modelos gramaticais.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Chomsky, N. 1988. Language and Problems of Knowledge: The Nicaraguan Lectures. Cambridge, Mass.: The MIT Press.

Comrie, B. 1992. Language Universals and Linguistic Typology. Oxford: Blackwell. 2nd edition.

Greenberg, H. 1966. Universals of Language. Cambridge, Mass.: The MIT Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Universal lingüístico
Inglés: 
Language universal
Francés: 
Universel linguistique
Alemán: 
Sprachliches Universale
Italiano: 
Universale linguistico
Portugués: 
Universal linguístico
Ruso: 
Языковые универсалии
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/universal-linguistico, con data de acceso 08/11/2024).