Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Inicio conversacional

Definición:

Técnica empregada por unha persoa antes de iniciar ou intervir nunha conversa. Esta pode adoptar formas diversas, desde aclarar a voz para chamar a atención sobre a propia participación na conversa ata repetir a última palabra pronunciada polo falante anterior, xesticular coas mans, emitir pequenos sons de asentimento ou desacordo, etc. De acordo co novo marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (Consello de Europa, 2001), a capacidade que ten o aprendiz dunha lingua estranxeira para seleccionar os elementos do discurso adecuados á hora de iniciar a conversa é parte da competencia pragmática e, concretamente, da competencia discursiva. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Wardhaugh, R. 1969a. How Conversation Works. Oxford: Blackwell, 1969.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Inicio conversacional
Inglés: 
Opening
Francés: 
Préambule de conversation
Alemán: 
Gesprächseröffnung
Italiano: 
Aperture conversazionali
Portugués: 
Início conversacional
Ruso: 
Начало / открытие
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/inicio-conversacional, con data de acceso 29/03/2024).