Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Análise factorial

Definición:

En estatística, método de análise multivariada utilizado en psicometría e campos afíns. Utilízase para determinar as dimensións subxacentes que poden explicar as correlacións entre diferentes variables observadas. Por exemplo, se un grupo de estudantes realiza probas de ditado, conversa e discriminación de sons, podemos descubrir cales son os factores comúns a todas elas utilizando a análise factorial. A devandita análise mostraría que, neste caso, podería falarse duns factores comúns relacionados coas destrezas orais (comprensión e expresión oral). Deste xeito, o feito de que un alumno obteña baixas puntuacións nas tres probas poderá atribuírse a un insuficiente desenvolvemento das devanditas destrezas (a dimensión subxacente). Esta técnica utilízase tamén na fase de clasificación dentro da análise de erros.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Análisis factorial
Inglés: 
Factor analysis
Francés: 
Analyse factorielle
Alemán: 
Faktorenanalyse
Italiano: 
Analisi fattoriale
Polaco: 
Analiza czynników
Portugués: 
Análise factorial
Ruso: 
Факторный анализ
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/analise-factorial, con data de acceso 06/12/2024).