Johnson, K. & Johnson, H. 1998. Encyclopedic Dictionary of Applied Linguistics. Oxford: Blackwell.
En investigación experimental pódense utilizar dous tipos de grupos de individuos: o grupo de control ou de comparación, e o grupo experimental. Se, por exemplo, se desexa investigar a eficacia dun novo método de ensino concreto, a investigación consistiría en ensinar a un grupo de estudantes (o grupo experimental) seguindo ese novo método e a outro grupo (o grupo de control) aplicando o método de ensino habitual, para posteriormente comparar os resultados obtidos en ambos os grupos. En ocasións é posible recorrer a varios grupos experimentais (deseño de grupos múltiples) en lugar dun só, co propósito de comprobar en cada un diferentes aspectos da investigación. No exemplo anterior, poderíanse utilizar distintos grupos experimentais para estudar o efecto do novo método de ensino no desenvolvemento de diferentes destrezas (por exemplo, expresión e comprensión oral fronte á escrita). Dado que os grupos se seleccionan para ser comparados, débese procurar que sexan similares (neste caso, intentarase que os grupos teñan un nivel de coñecementos parecido). Noutras circunstancias, dependendo do estudo, necesitarase que os grupos compartan outras características como, por exemplo, a idade, a clase social ou o tempo que estiveron estudando unha lingua.
Yaremko, R. M., Harari, H., Harrison, R. C. & Lynn, E. 1986. Handbook of Research and Qualitative Methods in Psychology: For Students and Professionals. Hillsdale, N J; London: Lawrence Erlbaum.